CD ROIS

Menu



Comparte

  • Inicio
  • Grupos
  • Eliminatorias
  • Sanciones
  • Trofeos jug
  • Trofeos equipo

Inicio

Bases del torneo

TORNEO INTERPARROQIAL CONCELLO DE ROIS 2018

XIV TORNEO DE FÚTBOL-7 INTERPARROQUIAL 2018

 

EQUIPOS PARTICIPANTES E GRUPOS

Unha vez celebrada a reunión o pasado xoves, 21 de xuño, realizaouse cos equipos que asistiron á reunión.

Este ano participarán no torneo 5 parroquias: Buxán, Herbogo, Santa María de Oín, San Pedro e Ribasar.

SISTEMA DE COMPETICIÓN

Liguiña todos contra todos.

Unha vez rematada esta fase de liguiña, xogarase o pase a final por sistema de play-off. Así o 1º clasificado da liguiña xogara unha semifinal contra o 4º clasificado da liguiña, a outra semifinal disputarana o 2º clasificado da liguiña contra o 3º clasificado da liguiña

Pasarán á final os vencedores destas semifinais e xogarán o partido polo terceiro e cuarto posto os equipos perdedores das semifinais.

TROFEOS

Campión                   Trofeo a todos os equipos participantes

                                  Equipo menos goleado (semifinalistas)

Subcampión             Máximo Goleador do Torneo

3º clafificado           Equipo mási deportivo (menos cartóns amarelos e vermellos)

4º clasificado 

NORMAS DE COMPETICIÓN

1.Xogadores de fora da parroquia 4.

2.Máximo de xogadores por equipo:14

3.Todos os xogadores deben ter cumpridos os 16 anos no comezo do Torneo. Os menores deben entregar autorización asinada por pai/nai ou titor/a legal.

4.Turnos de recollida de balóns. 1 parte do partido cada equipo.

5.O delegado de cada equipo asinará un documento de responsabilidade sobre o coidado da instalación deportiva. En todo momento se velará polo respecto a instalación, o bo comportamento e deportividade.

6.Todos os luns teremos reunión de delegados no Edificio Multiúsos de Rois ás 21,00h.

7.Calquera acordo que se estableza polos equipos antes do comezo do partido, deberá quedar reflexado en acta arbitral, mediante sinatura de un representante de cada equipo e do árbitro. De non ser así, non sortirá efectos.

8.Cada equipo deberá entregar previo ao comezo do primeiro partido, unha listaxe de todos os xogadores ao árbitro (nome, apelidos, data de nacemento, DNI, enderezo e dorsal). Logo deste primeiro partido non se poderá dar de alta a ningún xogador.

9.COMITÉ DE COMPETICIÓN: estará formado polo técnico deportivo municipal e polos delegados dos equipos que asistan a cada reunión. As decisión estarán tomadas por maioría simple.

10.Calquera imcumprimento das regras da competición, deben ser denunciadas polos equipos participantes ou ben por calquera membro do comité de competición (si se percata do acontecido). Estas denucias ou apelacións débense facer constar en acta, ou como moi tarde na reunión do primeiro luns posterior á comisión da infracción.

11.As regras de competición serán as da LFP, agás o fóra de xogo, que non existirá nesta competición.

O partido constará de 2 tempos de 20 minutos a tempo corrido. O descanso durará 5 minutos.

12.No caso de lesión e traslado dalgún deportista ao Servicio Galego de Saúde, deberase avisar de inmediato á organización (Roberto: 699200614). Número de emerxencias : 061.

Enviarase un protocolo de actución no caso de lesión.

13.SISTEMA DE PUNTUACIÓN: Partido Gañado: 3 ptos

                                                      Partido Empatado: 1 pto

                                                      Partido Perdido: 0 ptos

    No caso de empate a puntos, na clasificación final de cada grupo, ao ser a competición a una volta, terase en conta o gol average xeral (goles a favor e en contra totais), no caso de seguir empatados mirarase o resultado do enfrontamento entre os equipos afectados e de persistir o empate farase un sorteo a cara ou cruz.

14.AMONESTACIÓNS E SANCIÓNS:

                      Acumulación de cartóns amarelos: 1 partido de sanción

                      Dobre Cartón Amarelo nun Partido: 1 partdo de sanción

                      Cartón vermello Directo: mínimo 1 partido de sanción (en función do escrito na acta arbitral, o Comité de Competición decidirá a sanción na reunión dos luns).

                      Os xogadores pasarán “limpos de cartóns” para as semifinais, agás vermella directa no partido anterior ás semifinais, ou sanción de máis dun partido na fase de grupos.

15.Queda terminantemente prohibido levar bebidas alcohólicas para o terreo de xogo, gradas e banquiños.

16.Os árbitros Terán total potestade á hora de non deixar xogar a algún xogador por non encontrarse en condicións de facelo.

17.Estas normas deben ser acatadas polos equipos participantes (por todos os seus xogadores), para poder participar neste torneo. No caso de non facer constar por escrito o desacordo antes do comezo da competición (data límite para facer constar o desacordo, xoves 28 de xuño de 2018 ás 20,00h), enténdese que estas regras son aceptadas e asumidas por todos os equipos e xogadores participantes.

NOTA:

Calquera cuestión non contemplada neste regulamento, será tratada e solucionada polo Comité de Competición, nas reunión dos luns ás 21,00h no Edificio Multiúsos de Rois.

Os horarios e calendario, poderán sufrir modificaciópns, en función das necesidades do C.D. Rois ou da propia organización. Por suposto si houbera cambios, que esperemos que non; estes cambios serán tratados nas reunión dos luns e en todo caso anunciados consuficiente antelación ao comezo da xornada.

logo pdfDescargar bases

Grupos

Eliminatorias

Sanciones

Trofeos jug

Trofeos equipo

Según el artículo 22 de la Ley de Servicios de la Sociedad de la Información y Comercio Electrónico así como en el Considerando (30) RGPD informamos de que este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para optimizar tu navegación, adaptarse a tus preferencias y realizar labores analíticas. Al continuar navegando aceptas nuestra Política de CookiesAceptar