Imagen historia
A nosa historia

A historia do clube nace na década dos 60 ca creación dun pequeno equipo parroquial, chamado o “Rápido de S. Lorenzo”. Anos máis tarde, coa disolución deste primitivo equipo, créase o S.D. Seira, eran os 80. Foi unha época de transición que entregou o testigo ó noso actual Clube Deportivo Rois. No verán do 1996 nace oficialmente o clube. Como homenaxe ós nosos antecesores, o C.D. Rois garda as súas mismas señas de identidade, plasmadas nos seus cores, o vermello e negrodo "Rápido de S. Lorenzo" (1ª equipación), e o verde da S.D. Seira (2ª equipación). O escudo fai referencia ó noso axuntamento, fixándose, tamén veredes debuxado nel un roble. Nos seus comezos, o obxectivo co que se crea a entidade era intentar sacar as potencialidades dos mozos para acceder a outros equipos con máis e mellor nome. Certamente as cousas cambiaron, a nosa filosofía céntrase na creación dunha base de xogadores que fagan medrar ó clube e poder acadar cotas máis altas na Liga local desta zona. Os equipos das categorías infantil e cadete chegaron a ascender á 1ª categoría, o cal foi todo un mérito na nosa historia. Económicamente, eran tempos de vacas flacas, poucos colaboradores e as cantidades aportadas eran pequenas. Grazas ó traballo da directiva, realizáronse varias obras como o valado de madeira do terreo de xogov para adecentar o mínimo. Non había nin auga nin luz, polo que ó valado sumouselle un xerador eléctrico e unha bomba de auga. Gastos costeados polos bolsillos da directiva, así como outros indispensables para poder pagar as fichas federativas dos xogadores e poder competir. Os comezos casi sempre son duros, as instalacións non acompañaban e os resultados tampouco. Tíñamos un solo campo de herba para adestar e xogar, un barrizal no que era imposible acabar un partido. Foi necesario hixienizar e ampliar os vestiarios, así como a instalación eléctrica para ter máis potencia, sempre grazas ó traballo da directiva que unha vez máis se puxo máns á obra para rematar a remodelación e poder comezar con garantías a tempada. Non foi fácil porque estas foron só algunhas das "barreiras" coas que se atopou o noso proxecto, aidna asó o traballo e esforzo foi sobradamente recompensado. Estamos moi satisfeitos. Sabemos que queda un gran camiño por andar. A nosa meta non é só formar grandes xogadores, a meta é formar a grandes persoas. O deporte é o instrumento máis motivador e divertido para educar a unha xuventude en valores como o respeto dentro e fora do campo, a ser solidarios co compañeiro, a saber disfrutar gañando ou perdendo, a ser disciplinados cos nososhábitos de vida. Ésta é a verdadeira filosofía do clube, por iso necesitamos de todos vos para medrar e seguir escribindo a nosa propia historia.


Sponsors

Utilizamos cookies propias y de terceros para elaborar información estadística y mostrarte publicidad personalizada a través del análisis de tu navegación, conforme a nuestra política de cookies. El usuario tiene la posibilidad de Configurar cookies. Si continúas navegando, aceptas su uso.

Aceptar todas