Comparte

O CD Rois novo equipo de segunda autonómica.

Imagen principal noticia

/ 02 de Junio de 2014

Empata de penalti cando o partido chegaba o final.

O 1 de Xuño de 2014 pasara a historia do CD Rois como o día mais grande ata agora na vida do clube. Presentabase o cadro de Rois no García Calvo co resultado de 0-0 da ida, a cousa pintaba ben pois un solo gol obrigaba o conxunto nicrariense a facer cando menos dous. Comenzou o partido con dominio do Negreira que gozou de varias ocasións para adiantarse no marcador, un dominio que duraría toda a primeira metade pero que sería estéril pois os homes de Guti defenderían con uñas e dentes e chegariase o descanso con empate a cero no marcador. A segunda metade comenzou tamén con dominio do Negreira pero a medida que discurrían os minutos o Rois ialle collendo o pulso o partido e conseguia embotellar na sua area o Negreira. A entrada no campo de Cristian e Vilas doulle aire a un equipo que cada vez era mais superior e que dispuxo de varias ocasións. Pero o futbol e así e cando menos estaba chegando o Negreira unha desafortunada xogada acabaría con gol en propia meta e pondría o 1 a 0 a prol do conxunto nicrariense, Asi e todo os Rapaces do Rois non se viñeron abaixo e seguían embestindo con forza cara a meta do Negreira. Cando o reloxo estaba xa co tempo cumprido, como si esta tempada estivese de moda, unha internada de Iván pola banda dereita acabaría en penalti que tranformaría Pablo. Desatouse a locura co 1 a 1 e os Homes do Rois xa se vían en segunda. Ainda tería tempo o Negreira para sacar unha falta perigosa ó borde da area que non pondría en peligro a meta defendida por Alex. Ó final 1 a 1 no marcador e o Rois conseguía o ansiado ascenso a segunda autonómica. Os nosos parabens dende Clubdeportivorois.com.

Noticias relacionadas

20 de Enero de 2017

-CDR-

Leer más

Sin Comentarios

Inicia sesion en la parte superior de la web


    Volver Noticiero

    Sponsors

    Utilizamos cookies propias y de terceros para elaborar información estadística y mostrarte publicidad personalizada a través del análisis de tu navegación, conforme a nuestra política de cookies. El usuario tiene la posibilidad de Configurar cookies. Si continúas navegando, aceptas su uso.

    Aceptar todas