Comparte

¿Chegou a hora da verdade?

Imagen principal noticia

/ 06 de Febrero de 2014

-CDR-

Despois do fin de semana pasado con sabor agridoce, este fin de semana presentase moi complicado, no que os homes de Guti despois da clara victoria por 4-0 o Berres visitan o líder da categoría e tratarán de continuar na senda de resultados positivos nun campo moi difícil de puntuar. Os Veteranos, despois de reconciliarse coa victoria en liga, nun moi bo partido ante o Pontepedriña no que se impuxeron por catro a cero. Este sábado tocalle turno a copa no que se enfrontan ao Finsa no campo da Braña. Os xuveniles, despois de perder co Salvora 2-0 e ofrecer unha boa imaxe ante un bo equipo, esta semana visitan o Campo da Guía ante un Carreira en horas baixas, pero un gran equipo que na primeira volta nos endousou un contundente 1-10. Os rapaces de Jose e Cristian tratarán de demostrar que a melloría e un feito, e que o resultado da primeira volta foi un accidente. Para o equipo cadete chegou a hora da verdade na que se enfrontan a dous rivais directos nas próximas semanas, este domingo visitan o Peleteiro no campo das Cancelas nun horario pouco habitual dás 12.45 da mañá, no que os rapaces de Cristian e Óscar teñen que gañar para poder seguir a estela dun Peleteiro que vén de gañar tres dos catros partidos desta segunda volta. Os rapaces de David e Manu, despois do empate a cinco goles renden visita o difícil campo de Chenlo, no que se miden ao CD Dodro nun partido no que seguro se verá bo fútbol e goles entre dous equipos que lle gusta xogar o fútbol.

Noticias relacionadas

20 de Enero de 2017

-CDR-

Leer más

Sin Comentarios

Inicia sesion en la parte superior de la web


    Volver Noticiero

    Sponsors

    Utilizamos cookies propias y de terceros para elaborar información estadística y mostrarte publicidad personalizada a través del análisis de tu navegación, conforme a nuestra política de cookies. El usuario tiene la posibilidad de Configurar cookies. Si continúas navegando, aceptas su uso.

    Aceptar todas