Comparte

LIII Copa do Sar

Imagen principal noticia

Club/ 31 de Octubre de 2019

O CD Rois enfrontarase ó CD San Mamede o próximo 6 de decembro.

A LIII Copa do Sar xa está en marcha. Trátase de unhas das competicións con maior soleira da nosa comunidade e o sorteo desta nova edición tivo lugar o paso luns, 28 de outubro, na sede da Real Federación Galega de Fútbol, en Santiago de Compostela.

    Nesta 53 edición da Copa do Sar tomarán parte un total de 69 equipos, que desde o próximo día 6 de decembro, data na que se disputará unha fase previa, loitarán por destronar ao Zona Vella (actual SD Compostela B), actual campión do torneo tras derrotar na final da pasada campaña ao Laro CF. Todas as eliminatorias dispútanse a partido único e os duelos celébranse no campo do equipo que milita na categoría inferior.

    As datas nas que se desenvolverá esta nova edición da Copa do Sar son as seguintes:
Fase previa: 6 de decembro
1/32 de final: 29 de decembro
1/16 de final: 23 de febreiro
Oitavos de final: 19 de marzo
Cuartos de final: 9 de abril
Semifinais: 1 de maio
Final: 17 de maio.

    No sorteo do pasado luns, as bolas quixeron que nos tiveramos que enfrontar a un antigo vello amigo, que xa foi o noso rival en anos anteriores. Deste xeito, o 6 de decembro, enfrontarémonos no Campo da Braña o CD San Mamede.

    Non hai mellor forma de empezar unha ponte festiva que con unha boa dose de fútbol. Contamos contigo para animar os nosos rapaces!

    Moita sorte a todos os equipos. TIC TAC TIC TAC... Comeza a LIII Copa do Sar!

Noticias relacionadas

04 de Octubre de 2023

Casi cheo¡¡¡¡

Leer más

Sin Comentarios

Inicia sesion en la parte superior de la web


    Volver Noticiero

    Sponsors

    Utilizamos cookies propias y de terceros para elaborar información estadística y mostrarte publicidad personalizada a través del análisis de tu navegación, conforme a nuestra política de cookies. El usuario tiene la posibilidad de Configurar cookies. Si continúas navegando, aceptas su uso.

    Aceptar todas