Comparte

CD Rois 2 - 2 Atl Riveira

Imagen principal noticia

Club/ 05 de Octubre de 2017

-cdr-

Non ía a ser un encontro fácil para os nosos rapaces. De antemán ia ser un partido moi disputado dende o principio ata o seu final. Arrancaba o encontro as 11 da mañá con unha lixeira borralleira que deixaba o campo da braña rápido pero nunhas condicións estupendas para a práctica deste fenomenal deporte que é o fútbol.

Primeiros minutos de bo xogo no medio do campo do Riveira que quería facerse co control do xogo pero nos cales o equipo local dispoñería das mellores ocasións. Varias internadas de Sergio con perigo e algún que outro tiro dende fora da area de Nico, Fuentes e unha fermosa xogada de Brais, que é quén de irse de todos cantos lle saen o seu paso para finalmente disparar a porta tendo que obrigar o gardameta do Riveira a facer unha boa intervención mandando o esférico a córner.

Non sería ata o minuto 14 , cando nunha boa triangulación no medio do campo, Nico Gabino manda un balón largo a banda esquerda facéndose con el Fuentes que nunha gran subida por banda metese na area visitante e con un gran disparo bate o gardameta visitante poñendo os locais por diante no marcador.

Pouco duraria a ledicia local xa que no saque dende o centro do campo por parte do Riveira o Rois veriase sorprendido por unha boa triangulación de balón que remataría en gol poñendo o encontro en táboas. Minutos de mal xogo dos locais que vían como o partido e incluso o xogo se poñían en contra. E froito destes minutos de desconcerto , outro balón as costas da defensa, volvía a poñer o equipo visitante por diante no marcador.

Xa na segunda metade o Rois volvería a facerse co dominio do encontro dispoñendo de algunha que outra ocasión de poñer táboas de novo no marcador pero non seria ata o minuto 49 cando nun roubo de balón no borde da area grande local, Nico manda o balón a banda esquerda que recolle Brais e nunha contra rápida, marchándose da súa marca poría un centro medido que aproveitaría Rauliño ganándolle as costas da defensa para mandar o balón pegado o pao o fondo das mallas, e así poñer o empate no marcador que seria o resultado final do encontro.

Os últimos minutos serian moi disputados polos dous equipos pero o resultado xa non se movería. O final reparto de puntos e partido entretido no campo da Braña. A seguir pelexando.

 

 

Crónica: iep

Noticias relacionadas

01 de Octubre de 2025

Empezan máis equipos (femininos e alevins)

Leer más

30 de Septiembre de 2025

Xornada do 26 ao 28 de setembro

Leer más

Sin Comentarios

Inicia sesion en la parte superior de la web


    Volver Noticiero

    Sponsors

    Utilizamos cookies propias y de terceros para elaborar información estadística y mostrarte publicidad personalizada a través del análisis de tu navegación, conforme a nuestra política de cookies. El usuario tiene la posibilidad de Configurar cookies. Si continúas navegando, aceptas su uso.

    Aceptar todas