Comparte

D.E.P. José Mosquera (Javino)

/ 21 de Octubre de 2016

D.E.P. José Mosquera (Javino)

Hoxe o CD Rois está mais negro que vermello. Hai días para celebrar, pero hoxe é un deses para botar de menos e recordar. A familia do CD Rois acaba de sufrir unha perda das importantes, desas persoas que sempre estaban aí para o que se necesitaba e mais, coas que sempre podías cpntar. Hoxe José Mosquera(javino), pai de Nico Mosquera (xogdor dos infantís) deixou un oquiño baleiro no corazón de todos os que o coñecemos, de todos os que tivemos a gran sorte de compartir momentos con él. Dende aquí sumámonos ao apoio á súa familia, a súa muller Begoña, aos seus fillos e en especial ao noso querido Nico. Hai cousas que un nunca é capaz de explicar o por qué ou o como pasan, pero pasan e así como ata agora estuvo ao noso carón apoiándonos sempre, confiamos en que agora seguirá facendo o mesmo só que dende outro lado. Gracias pola vida que nos regalaches, pola bondade, as boas palabras, o ánimo e a dedicación que demostraches sempre cara esta familia, a que sempre sempre será a TÚA outra familia. Por todo o bo que nos deches, queremos que te leves sempre algo bo de nós, porque o mereces e porque de ti quedaranos o teu bo recordo, eternamente. Descansa en paz José Mosquera (Javino)

Noticias relacionadas

20 de Enero de 2017

-CDR-

Leer más

Sin Comentarios

Inicia sesion en la parte superior de la web


    Volver Noticiero

    Sponsors

    Utilizamos cookies propias y de terceros para elaborar información estadística y mostrarte publicidad personalizada a través del análisis de tu navegación, conforme a nuestra política de cookies. El usuario tiene la posibilidad de Configurar cookies. Si continúas navegando, aceptas su uso.

    Aceptar todas