/ 19 de Octubre de 2016
Soñemos en rosa.
Hoxe vai por elas, polas superheroínas que seguen aquí despois de gañar a loita e polas que desgraciadamente non correron a mesma sorte. Por todas e cada una, pero sobre todo por estas últimas, por elas, que se merecían seguir aquí. Por quen loita merece a pena loitar e cambiar este mundo, intentar facelo mellor. E para facelo mellor, hai que romper barreiras e gañar guerras como a do cancro de mama. Dende o CD Rois, queremos cambiar a nosa cor, hoxe somos de cor rosa. Hoxe todos soñamos en rosa. Nunca se sabe onde pode aparecer esta enfermidade e por iso, dende este clube, dende esta familia, queremos ser apoio de todas as que en algún momento o sufriron. Nós seremos o voso apoio cando vos vexades caer, pero nunca deixaremos que vos atopedes derrotadas. Porque todos xuntos, pódese. Incluso cando o vexas todo negro, se observas ben e buscas, aparecerá un raiño de sol que che fará ver as cousas de outra maneira. Demostrémoslle ao cancro que non pode arrebatarnos algo que é noso, que a vida deronnola e queremos loitar por ela, polo que nos pertence. Incluso cando no teu interior non haxa canción que soe, sigue cantando de todos modos. Vai por vós loitadoras, hoxe todos somos rosas. O CD Rois é rosa.
Inicia sesion en la parte superior de la web
Utilizamos cookies propias y de terceros para elaborar información estadística y mostrarte publicidad personalizada a través del análisis de tu navegación, conforme a nuestra política de cookies. El usuario tiene la posibilidad de Configurar cookies. Si continúas navegando, aceptas su uso.