Resultados/Horarios/Calendarios/ 19 de Octubre de 2016
CDR
Unha fin de semana mais, os nosos xogadores saíron a dalo todo e a defender as cores negra e vermella. Con mais ou menos sorte pero sempre con toda a gana do mundo. Comezando pola categoría de aficionados, os maiores non conseguiron derrotar a un moi forte Araño pese a todos os esforzos remataron o encontro con un 2-3 favorecedor para o Araño. Baixando una categoría, os xuvenís enfrontaronse ao Unión B conseguindo un punto para a clasificación de liga con un 2-2. Pola súa parte, os cadetes estiveron a piques de levantarlle o partido a un Boiro que ao final saiu gañando por un 2-1. Os infantís, logo dun partido duro conseguiron tres puntos mais para a clasificación con un 0-1 contra o Compostela. Non tiveron a mesma sorte os alevíns, que se enfrontaron a un moi duro Crocha e acabaron perdendo por un 0-8. A mesma sorte correrona os benxamíns que remataron o seu encontro co Ulla con un 0-2 favorecendo aos de Pontecesures. E rematando cos mais peques e non por iso menos importantes, que gañaron por un 13-0 contra o Puebla. Esta fin de semana próxima, mais e mellor seguro. Sempre coa cabeza ben alta e sempre orgullosos de vós. Noraboa e a seguir nenos!
Inicia sesion en la parte superior de la web
Utilizamos cookies propias y de terceros para elaborar información estadística y mostrarte publicidad personalizada a través del análisis de tu navegación, conforme a nuestra política de cookies. El usuario tiene la posibilidad de Configurar cookies. Si continúas navegando, aceptas su uso.