/ 12 de Octubre de 2016
CDR
Outra fin de semana que pasa, e outra fin de semana con resultados nas categorías do CD Rois para todos os gustos. Comezando polos alevíns que se desputaron os 3puntos da liga co Unión, remataron o encontro con un 3-13 para os nosos rapaces. Os mais peques das nosas filas, os prebenxamíns, gañaton con un 0-4 contea o Sar. Seguindo coa categoría de benxamíns que visitaron o campo de vista alegre, remataron o encontro contra o Cabo de Cruz con un 0-7. Tamén os infantís gañaron o encontro contra o Ulla con un 5-0, no que o marcador nos favoreceu a nós. E cabe destacar que dende o CD Rois queremos mandarlle todo o noso apoio ao xogador do Ulla; Enmanuel, que sufriu un percance durante os minutos do partido. Ánimo e a recuperarse, campión! Xa seguindo cos mais maiores das categorías de futbol base do CD Rois, os xuvenís empataron a 2 co Carreira. Non correron a mesma sorte os Cadetes que perderon o partido contra o Victoria por un 4-0. E xa rematando, na categoría de veteranos en un encontro contra o Milladoiro, conseguiron os 3 puntos con un 1-5. Noraboa e a seguir rapaces, isto non é mais que o comezo. Orgullosos de vós.
Inicia sesion en la parte superior de la web
Utilizamos cookies propias y de terceros para elaborar información estadística y mostrarte publicidad personalizada a través del análisis de tu navegación, conforme a nuestra política de cookies. El usuario tiene la posibilidad de Configurar cookies. Si continúas navegando, aceptas su uso.