Comparte

Encontro CD Rois- Queiruga

/ 12 de Octubre de 2016

CD Rois - Queiruga

O pasado domingo, desputouse o encontro dos maiores do CD Rois. O partido entre o CD Rois - Queiruga produciuse no campo do Queiruga. Os primeiros minutos de xogo foron duros para os nosos rapacez, xa que nos anotaron dous goles en contra. O queiruga era un equipo duro que se facía notar no campo, pero os nosos pouco a pouco foron remontando e facéndose mais co balón. Foron transcurrindo os minutos de xogo e a según pasaba o tempo, as decisións arbitrais viñan na nosa contra. Cando mais falla nos facía, quédamonos con dez xogadores coa expulsión de Rubiko por doble tarxeta amarela. Os xogadores do Queiruga non o poñían nada doado pero os nosos seguíano intentando, ata que o árbitro sinalou penalti ao noso favor por unha entrada a Borja. Penalti que tirou Esteban e se convertiu no primeiro tanto para os nosos. Ao pouco tempo de comezar a segunda parte do encontro, repetiu xogada o árbitro e sinalou penalti. Pero esta vez a favor do Queiruga. Non serviu de moito a preparacion do xogador do Queiruga, nin as ganas de anotalo, xa que Álex atallou o tiro sen maior problema, impedindolle sumar outro tanto ao marcador aos xogadores do Queiruga. Co marcador na nosa contra, comezaron a realizarse os primeiros cambios. E aos poucos intres de incorporarse Dani ao terreo de xogo, conseguiu que o marcador se igualase con un 2-2. O partido seguía avanzando e os nosos non deixaron de intentar remontar para levarse os 3 puntos a sumar en liga. Os nosos esforzos non resultaron e rematou o encontro con un empate a dous. Grandes rapaces, que demostrades que incluso cando as cousas non nos sorrín e temos todo en contra, cando se quere; pódese. Ante grandes adversidades saen os grandes xogadores. Sigamos así, sen pausa pero sen prisa que todo se dará. ¡Noraboa!

Noticias relacionadas

20 de Enero de 2017

-CDR-

Leer más

Sin Comentarios

Inicia sesion en la parte superior de la web


    Volver Noticiero

    Sponsors

    Utilizamos cookies propias y de terceros para elaborar información estadística y mostrarte publicidad personalizada a través del análisis de tu navegación, conforme a nuestra política de cookies. El usuario tiene la posibilidad de Configurar cookies. Si continúas navegando, aceptas su uso.

    Aceptar todas