Comparte

Resultados CD Rois

/ 20 de Septiembre de 2016

Categorías (Benx. Alev. Inf. Cad. Xuv.)

A pasada fin de semana estivo chea de bo fútbol e de bos resultados para o CD Rois. Comezando o venres, no que o noso equipo de Infantís visitou ao A Baña no campo da rá e conseguiu obter os primeiros tres puntos da liga, logo dun partido intenso no que os nenos do CD Rois pouco a pouco se foron facendo co campo e poñendo o marcador ao seu favor. Xa na xornada do sábado tamén nos deixaron bo sabor de boca os benamíns con un 8-1 frente ao Praíña. Subindo de categoría os alevíns tamén se fixeron cia vuctorua ante o bastavales, con un resultado algo mais axustado, pero favorable, remataron o encontro con un 3-2. Xa na categoría de cadetes, o CD Rois conseguiu anotar un punto na clasificación, grazas ao resultado de un 2-2 frente ao SD Cruces. Pechando a xornada do sábado, os nosos xuvenís gañaron por un asombroso 10-0 contra o Noia. Orgullosos de vós e do voso esforzo cada fin de semana e das ganas que lle poñedes a todo. Noraboa rapaces, sigamos traballando para conseguir e lograr obxetivos. Sodes grandes.

Noticias relacionadas

20 de Enero de 2017

-CDR-

Leer más

Sin Comentarios

Inicia sesion en la parte superior de la web


    Volver Noticiero

    Sponsors

    Utilizamos cookies propias y de terceros para elaborar información estadística y mostrarte publicidad personalizada a través del análisis de tu navegación, conforme a nuestra política de cookies. El usuario tiene la posibilidad de Configurar cookies. Si continúas navegando, aceptas su uso.

    Aceptar todas