Comparte

Crónica do último fin de semana.

Imagen principal noticia

Resultados/Horarios/Calendarios/ 14 de Marzo de 2016

Resultados e análise.

Un fin de semana mais aqui estamos, orgullosos dos nosos e dos seus resultados. Nesta quenda podemos comezar destacando o resultado de cadetes, que con gran esforzo e esmero remontaron o partido e acabaron con un gratificante 4-4 contra o Conxo "b". Outro bo resultado foi o dos xuvenís que no encontro co Carreira impuxeronse con un 4-0. Nos infantis os nosos rapaces fixeronlle frente a un boiro que se presentaba moi forte, ainda así conseguiron sumar os tres puntos na clasificación con un resultado 2-4 . Contra o mesmo equipo de diferente categoría xogaron os alevíns "a" do CD Rois que se atoparon a un Boiro forte con moito xogo e a pesar dos incansables intentos e esforzos dos nosos, non conseguiron derrotalos e acabaron o encontro con un 8-1. Pola contra os nenos do alevín "b" remataron a liga con un moi bo resultado contra o Cabo de Cruz "c" e gañáronse os 3 pts con un 0-8. Tamén o equipo de veteranos logrou vencer ao equipo BarJosé Rey con un 2-4 ainda que tivese a súa parte amarga e costase a lesión de Geni, ao que lle desexamos pronta recuperación. Xa na categoría benxamín cabe destacar o gran esforzo dos xogadores do CD Rois que no descanso atopabanse con un marcador non moi favorable (6-1 a favor do Crocha) e pese a eso seguiron loitando ainda que a sorte non estivese do seu lado e rematasen o partido con un 7-4. E xa por último para finalizar o análisis desta última quenda, quedámonos co resultado dos maiores que seguen deixando boas sensacións ainda que a sorte non este do noso lado con un 1-2 contra o Agrón. Con esforzo e dedicación todo vale a pena, ánimo a todos e a seguir. O noso orgullo por todos vós medra cada fin de semana

Noticias relacionadas

25 de Septiembre de 2023

Estreamos o casilleiro dos Senior¡¡¡

Leer más

13 de Septiembre de 2023

11 partidos na Braña¡¡¡¡ Esto é fútbol¡¡¡¡

Leer más

Sin Comentarios

Inicia sesion en la parte superior de la web


    Volver Noticiero

    Sponsors

    Utilizamos cookies propias y de terceros para elaborar información estadística y mostrarte publicidad personalizada a través del análisis de tu navegación, conforme a nuestra política de cookies. El usuario tiene la posibilidad de Configurar cookies. Si continúas navegando, aceptas su uso.

    Aceptar todas