Comparte

V Copa CD Rois

Imagen principal noticia

Avisos/ 10 de Marzo de 2016

Estamos agardando por ti.

Un ano mais achégase a data que todos os pertencentes ao CD Rois agardamos con moita ansia. A V copa CD Rois está a piques de converterse de soño a realidade. Sabedes que sen vós, si si, sen ti que estás leendo esto e levas ao teu fillo ou filla a xogar , sen vós avos e avoas que se vos cae a baba mirando para os netos mentres se lucen co balón, sen ti que presumes de irmán ou irmá futbolista, sen ti adestrador que o das todo sen pedir nada, pero sobre todo sen TI pequena gran estrela que das o todo polo nada no terreo de xogo, sen ti futura promesa. E que sen vós non somos nada. Por eso, queremos animarvos a que asistades a esta nova aventura que estamos preparando para desfrutar xuntos, pola nosa parte as invitacións estan sendo enviadas e agardamos que cheguen ao seu destino e a resposta sea positiva. Pero esta invitación, este chamamento que facemos hoxe, é para todos e cada un dos equipos que queiran desfrutar con nós, queremos facervos saber que as portas están mais que abertas para agardarvos no Campo da Braña os días 14 e 15 de Maio. Se queres formar parte da V Copa CD Rois non tes mais que poñerte en contacto connosco e facernolo saber, estaremos encantados de recibirte e desfrutar de todos e cada un de vós. Non o dudes, a V Copa CD Rois tamén é a TÚA copa.

Noticias relacionadas

03 de Agosto de 2023

Venres 4 de agosto Amistoso no Campo de Mularedos contra o CF Lamela ás 21 horas.

Leer más

26 de Febrero de 2016

Nova equipación CD Rois

Leer más

Sin Comentarios

Inicia sesion en la parte superior de la web


    Volver Noticiero

    Sponsors

    Utilizamos cookies propias y de terceros para elaborar información estadística y mostrarte publicidad personalizada a través del análisis de tu navegación, conforme a nuestra política de cookies. El usuario tiene la posibilidad de Configurar cookies. Si continúas navegando, aceptas su uso.

    Aceptar todas