/ 08 de Marzo de 2016
Crónica dos partidos disputados polas diferentes categorías do CD Rois.
Nos encontros do derradeiro fin de semana tivemos resultados para todos os gustos, entre os cales cabe destacar principalmente o ascenso matemático do equipo de veteranos a 1° B gracias ao traballo de todo o equipo no partido contra o Milladoiro con un resultado de 6-1 con 4 goles de Pedro, un de Fins e outro de Feáns. Non imos facer de menos a victoria do equipo de maiores contra o Campo da Angustia CF con un resultado de 1-2 con goles de Daniel Piñeiro e Martin Calvo, co debut de 4 xuvenís que o deron todo nos minutos do encontro. Victoria a destacar tamén é a do alevín "a" contra o Sálvora con un resultado 3-2 con 3 goles de Raúl. Outro resultado digno de mención que non deixou a nadie indiferente foi o do encontro disputado polos infantís do CD Rois contra o líder da liga, o SD Valiño Cabo de Cruz "b" co maravilloso resultado de 8-3 favorecendo ao CD Rois; con 5 goles de Brais, 2 de Sergio e un de Adrián . E por último e non menos importante a victoria dos cadetes contra o Villestro con un resultado 2-3 con goles de Mateo e Brais, destacando que o segundo gol de Brais foi decisivo para gañar o encontro no último intre. Por outra banda non correron a mesma sorte o equipo de xuvenís que caeron contra o Taragoña con un resultado moi axustado de 3-2 , os dous goles do CD Rois fruto do noso xogador Noel. Outro equipo que tampouco pudo desfrutar dunha victoria foi o alevín "b" no encontro co equipo veciño, o ulla CF con un resultado de 3-9 sendo os 3 goles de Adan. E xa chegando aos mais cativos temos o resultado do equipo de Benxamíns que caeron contra o Noia con un 2-4 con goles de Pablo e Fabio e o equipo de Prebenxamín que non deron derrotado ao oleiros e o encontro rematou con un 2-5 con goles de Yago e Diego. E dende o CD Rois decimos que estamos orgullosos de todos e cada un dos resultados, pero sobre todo do esforzo, empeño e ganas que poñen os nosos xogadores. Recordade sempre que: Non é grande quen nunca falla senon quen nunca se da por vencido.
Inicia sesion en la parte superior de la web
Utilizamos cookies propias y de terceros para elaborar información estadística y mostrarte publicidad personalizada a través del análisis de tu navegación, conforme a nuestra política de cookies. El usuario tiene la posibilidad de Configurar cookies. Si continúas navegando, aceptas su uso.