/ 15 de Febrero de 2016
Non hai maior poder para un superheroe que o seu sorriso #DiaInternacionalContraOCancroInfantil
Imaxinar, correr, querer, xogar, rir a esgallar, soñar, sorrir. Son as cousas das que terían que preocuparse todos os nenos do mundo, única e exclusivamente diso. Ningún neno debería perder nunca o sorriso, ningún neno debería saber o que é estar enfermo. Ningún neno debería sufrir. Sen darnos conta, nin aprecialo, eles son os pequenos grandes heroes da nosa vida. Son quen nos regalan os mellores momentos, os que nos fan rir cando choramos e os que nos fan chorar de tanto rir. Son quenes loitan pola nosa alegría. Son a ledicia, o presente, o futuro , a enerxía que move o mundo, son o mundo, son a vida. Loitemos nós hoxe por eles, como eles o fan por nós e axudemos a que nunca ningún neno teña que deixar de sorrir nunca mais. Dende o CD Rois sumámonos a loita contra o cancro infantil. Non deixemos que se perda a batalla, imos a ganala. https://youtu.be/c3fgPss-_d4
Inicia sesion en la parte superior de la web
Utilizamos cookies propias y de terceros para elaborar información estadística y mostrarte publicidad personalizada a través del análisis de tu navegación, conforme a nuestra política de cookies. El usuario tiene la posibilidad de Configurar cookies. Si continúas navegando, aceptas su uso.