Comparte

ATA SEMPRE DON ROBERTO...

Imagen principal noticia

/ 10 de Octubre de 2013

-CDR-

Hoxe, 9 de outubro de 2013, é unha data moi triste para o C.D.Rois e para moitas xeracións que estudamos no CPI Dos Dices. Deixounos Roberto García Villasenín, Don Roberto…para todos nós. Foi mestre entrañable, vicepresidente e secretario do noso Clube e, sobre todo, AMIGO. Queda no noso recordo, como unha persoa implicada e participativa. Lembramos con tenrura como, en máis dunha tarde de inverno no campo da Braña, onde non había nin luz nin auga, axudaba dándolle manivela ó xerador e….alí andaba él, enferruxado, co seu clásico xersei de “Lacoste” e un anel dourado que ás leguas se vía. Noutras ocasións, .. aparecía entre bolsas cheas de pasteis, golosinas e refrescos para os cativos logo dos entrenamentos…..así nos aloumiñaba. Vaia na súa memoria este pequeno recordo para un home sinxelo, serio e benquerido por todos nós. Para vostede, a nosa eterna gratitude, D. Roberto. SEMPRE ESTARÁ NOS NOSOS CORAZÓNS. Como humilde homenaxe, o club gardará un minuto de silencio en tódolos partidos que imos xogar nesta fin de semana.

Noticias relacionadas

20 de Enero de 2017

-CDR-

Leer más

Sin Comentarios

Inicia sesion en la parte superior de la web


    Volver Noticiero

    Sponsors

    Utilizamos cookies propias y de terceros para elaborar información estadística y mostrarte publicidad personalizada a través del análisis de tu navegación, conforme a nuestra política de cookies. El usuario tiene la posibilidad de Configurar cookies. Si continúas navegando, aceptas su uso.

    Aceptar todas