/ 06 de Marzo de 2015
-CDR-
O pasado sábado 28 de febreiro no Auditorio Municipal do Concello de Rois tivo lugar a 1ª Charla para pais e nais organizada polo Club Deportivo Rois. A participación de 90 persoas fixo desta primeira experiencia todo un éxito. Os pais, nais e a súa achega ao fútbol base foi o título sobre o que versaron as dúas ponencias a cargo de Siño Campaña e Gonzalo Goyanes. Ambos os dous con experiencia na formación deportiva non só a técnicos do deporte senón tamén ao colectivo de pais e nais. Presidiron o acto persoeiros do fútbol local e representantes políticos: O presidente da Federación Galega de Fútbol, D. Rafael Louzán, o delegado de Santiago, “Quico”, e o Alcalde do Concello de Rois, D. Ramón Tojo Lens. Dende o CD Rois mostramonos satisfeitos pola acollida desta experiencia formativa o que nos anima a poder continuar informando e formando non só aos deportistas do fútbol base senón tamén na súa contorna.
Inicia sesion en la parte superior de la web
Utilizamos cookies propias y de terceros para elaborar información estadística y mostrarte publicidad personalizada a través del análisis de tu navegación, conforme a nuestra política de cookies. El usuario tiene la posibilidad de Configurar cookies. Si continúas navegando, aceptas su uso.