Comparte

Charla-Coloquio informativa "Os pais, nais e a súa achega ao Fútbol Base"

Imagen principal noticia

/ 26 de Febrero de 2015

-cdr-

O vindeiro sábado 28 de febreiro de 2015 ás 19:30 horas terá lugar no Auditorio do Edificio Multiusos de Rois a charla-coloquio dirixida a todas as persoas interesadas no deporte de base, desde directivos ata os propios nenos. Nesta xornada trataranse problemas, temas e situacións coas que se convive todos os días nun campo de fútbol ou instalación deportiva en xeral. Os relatores achegarán o seu coñecemento e tamén pautas a seguir para non perxudicar o correcto desenvolvemento do deportista nas primeiras idades e na súa formación básica. Os expertos que impartirán a charla son: - Siño Campaña, redactor de varios artigos sobre este tema, Grao en Educación Primaria, Atención á Diversidade, Monitor de Fútbol Base, e que atesoura ampla experiencia en dirección de clubs e escolas de fútbol, así como dirección deportiva de base. - Gonzalo Goyanes, Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, Diplomado en Maxisterio Especialidade en Educación Física, Técnico Deportivo en Fútbol (Entrenador Nivel 2) e Árbitro de fútbol de 3ª División. A esta xornada está confirmada a presenza de diversas autoridades o mundo do Fútbol, como o Presidente e o Vicepresidente da Federación Galega de Fútbol entre outros.

Noticias relacionadas

20 de Enero de 2017

-CDR-

Leer más

Sin Comentarios

Inicia sesion en la parte superior de la web


    Volver Noticiero

    Sponsors

    Utilizamos cookies propias y de terceros para elaborar información estadística y mostrarte publicidad personalizada a través del análisis de tu navegación, conforme a nuestra política de cookies. El usuario tiene la posibilidad de Configurar cookies. Si continúas navegando, aceptas su uso.

    Aceptar todas