Comparte

Fin de semana importante para as categorías de fútbol 11

Imagen principal noticia

/ 31 de Enero de 2014

-CDR-

Fin de semana complicado o que se presenta para o Club Deportivo Rois, o equipo de 3ª Autonómica mídese o complicado Berres, que na primeira volta nos venceu por 2 a 1 nun gran encontro do equipo da Estrada, nesta segunda volta, os pupilos de Augusto despois de vencer en Bugallido necesitan seguir sumando para poder seguir a estela do líder e seguir con opcións de poder quedar no alto da táboa. Despois de levar dúas semanas colleitando resultados negativos equipo de Firucho enfrontase ao Pontepedriña, no que tentarán darlle a volta a mala xeira de resultados. Os xuveniles, pola súa parte, tócalle desta volta con outro dos galos da categoría, o Salvora CF que co seu bo facer ten consolidado un proxecto de canteira dos mais importantes do Barbanza. Na primeira volta os nósos recibiron un claro cinco a cero o que non pudemos facer fronte, neste encontro os rapaces de Jose e Cristian tratarán de sumar para facer bo o punto conseguido a xornada pasada no feudo do líder. En cadetes visitanos o líder de primeira autonómica o Dubra SD que se mostra moi sólido no seu camiño hacia o ascenso a liga Galega no que os rapaces de Cristian e Óscar tratarán de puntuar para así poder seguir loitando pola permanencia na categoría, e coller confianza despois do traspés sufrindo en Oroso. En Infantiles visitanos un dos equipos que mellor fútbol desplega na categoría, e un dos históricos da Comarca do Barbanza, o Atl de Riveira. No que os rapaces de David e Manu, trataran de vencer a base de bo fútbol e colocarse na zona cómoda da táboa clasificatoria.

Noticias relacionadas

20 de Enero de 2017

-CDR-

Leer más

Sin Comentarios

Inicia sesion en la parte superior de la web


    Volver Noticiero

    Sponsors

    Utilizamos cookies propias y de terceros para elaborar información estadística y mostrarte publicidad personalizada a través del análisis de tu navegación, conforme a nuestra política de cookies. El usuario tiene la posibilidad de Configurar cookies. Si continúas navegando, aceptas su uso.

    Aceptar todas